Hoxe cena fora da casa

Oct 31
2007

Pois o dito, hoxe toca cear fora da casa. Os machos mais machos do Soporte Técnico de Dell quedamos ceibes e imos cear e beber tequilas a un mexicano. Acabaremos con ponchos e cantando rancheras, corridos (mal pensados) e huapangos cual grupo mariachi. Intentarei deixar constancia fotográfica deste suceso.

Andeleeeee. Xandasbolas

Tarde de cine

Oct 30
2007

Elegante tarde de cine que me peguei hoxe. Deleiteime co bo facer dos escelsos artistas Al Pacino e Robert de Niro na pelicula “El Padrino II”; que por certo, para min unha das mellores con detallazos como o xuizo ou a “vendetta” a Don Ciccio. Sublime.

Só añadir que me quedan 3 dias para coller vacacións e un deles é festivo. Estou que non cago.

Chuchos cachiles. Xandasbolas

Dende a camiña

Oct 29
2007

Pois xa vedes, hoxe escribo dende a cama dado que estou algo pachucho. Xa case estou ben, que a min os “trancazos” duranme un ou dous dias, pero voume a facer un pouco o enfermo a ver se recibo algo de mimos extra da moza. jijijiji.

Nota para Inigo: “A ver cangurooooo, desactiva a necesidade de estar registrado para poder comentar no teu blog, que despois dis que non escribimos”.

Recomendación para todo o mundo: Richard Hawlie. Impresionante a boa sensanción que pode deixar este home no corpo, moi no estilo do seu amigo e compañeiro de escena Jarvis Cocker (Pulp).

Un saudo. Xandasbolas