Volvendo á independencia.

Ene 31
2008

Bos días.

Pois como vedes no título, volvo a ser independiente, a vivir sen cónyuge. A esta muller saliulle unha oportunidad de traballar mais preto de Portugal, en Vigo, como analista de riesgos para unha oficina de Caixa Galicia; e obviamente, vai a cobrar pasta a esgalla. Dende aquí querolle desexar toda a sorte do mundo e que non se me agobie. Un bico.

Para o resto, obviamente estou disposto a dar amor cachil a todo dios, a apuntarme a troula espesa e a tardes de café ou viciada. Vai por ti, Ramón. (Necesitoo)

Bicos para todos. “Malos tiempos para la lírica”.

Evitando accidentes.

Ene 30
2008

Para dias como hoxe nos que me apetece conducir evitando accidentes de mendrugos como noutros tempos.

Bicos

A unha semana de acabar os examenes

Ene 29
2008

Bos dias xentiña. Atopome como podedes ver a unha semana de acabar os meus segundos-primeiros examenes de febreiro. A ver como me vai xa que estou que non cago con un pouco de nervios e preocupación. Para tranquilizarvos creo que teño posibilidades de aprobar, pero tamén me parece que eso forma parte da actitude optimista que hai que ter.

Para a xente que fai tempo que non ve a Jacob, decirlles que onte estivo de novo na miña casa durmindo, e tranquilos, sigue tan jodido da olla como sempre, non quedou moi transtornado deste ultimo ano fora das nosas vidas, e mais, ainda que polo de agora se está recuperando de ese tute de estudio, creo que está mooooi deseoso de festa rachada; véselle nas ideas.

Chuchiños cachiles.

Rap Drama

Ene 28
2008

Recomendación musical.

http://www.myspace.com/rapdrama

Tratase dun grupo de Hip Hop canario, do cal, un dos integrantes e o irmán dun compañeiro meu do traballo. A canción “Infancias Perdidas” é moi boa. Podedes descargar a maqueta de http://www.hhgroups.com/maqueta-4273/Rap-drama-Siglo-XXI-en-Fase-Terminal/.

Acordadevos de puntuar positivamente o disco na votación.

Bicos

Mais preto de conseguilo.

Ene 22
2008

Hoxe recibín por correo a miña nova tarxeta wifi para o portatil. É unha Dell Truemobile 1450 que adquirín por ebay, a cal foi a miña primeira compra por este método e usando PayPal. Decir que quedei prendado dado que o servicio tanto da web como de PayPal foi escelente.

A tarxeta wireless en cuestión, ten un chipset Broadcom BCM4309M que é moi utilizado nos intentos de hackintosh e demáis dado que é compatible con Mac OS X e por se fora pouco recoñecida automáticamente como Airport. Inigo, xa sabes o que vou a facer non? XD. A ver se desta vai, así que, se podes, vaime grabando un DVD (ou mais), con programiñas de interés.

Noutra dirección de acontecementos, hoxe empecei a darlle ferro a outra asignatura, á cal me presento a examen o día 5 as 11:30 (espero non confundirme como con programación). ETC 1. Tremenme as cachas so de pensar no examen, pero mais aínda pola enchenta do escelso Jack Daniel’s que me vou a meter ese fin de semana. Como diría o señor Lozano; “beber ata pasalo mal”.

Chuchos, beibis.