Zas, en toda la boca.
2008
Antes de nada, feliz ano a todos vos (iluso de min que creo que me lee alguén) que non me paso dende aquela cea cos do curro, a cal, ainda que pareza que non, sobrevivín. É mais, houbo 3 cenas mais dende aquela, onde a última foi cos colegas no Andén en Cantarrana. Soamente decir que comín coma un becerro.
Pois resulta que vou a explicar o título do post, dado que acabo de recibir unha en toda a boca. Para a xente que non o sepa, este ano matriculeime de novo á universidade, quizais por afan de aprender (xa o vin) o mejorar laboralmente (xa o volvín a ver, que é informática), ou incluso por volver a sentir a vida universitaria na miña pel: festas, descontos en teatros, festas, … Resulta que todo ten o seu e esto ten que estudiarse; polo tanto, este finde dixen, vou a poñer as pilas e a empezar a darlle ferro. Pois menos mal que se me ocorreu dado que me acabo de enterar que as fechas dos examenes son dentro de 2 semanas.
Asi que, amigachos, desaparezo ata carnavales. Desexademe boa sorte que a vou a precisar.
Bicos mortos antes que sinxelos.
Editado: Por certo, volvo a este theme do wordpress dado que recibín unha crítica un pouco negativa dun colega sobre o outro (tampouco me convencia moito).












Comment