Mais preto de conseguilo.

Ene 22
2008

Hoxe recibín por correo a miña nova tarxeta wifi para o portatil. É unha Dell Truemobile 1450 que adquirín por ebay, a cal foi a miña primeira compra por este método e usando PayPal. Decir que quedei prendado dado que o servicio tanto da web como de PayPal foi escelente.

A tarxeta wireless en cuestión, ten un chipset Broadcom BCM4309M que é moi utilizado nos intentos de hackintosh e demáis dado que é compatible con Mac OS X e por se fora pouco recoñecida automáticamente como Airport. Inigo, xa sabes o que vou a facer non? XD. A ver se desta vai, así que, se podes, vaime grabando un DVD (ou mais), con programiñas de interés.

Noutra dirección de acontecementos, hoxe empecei a darlle ferro a outra asignatura, á cal me presento a examen o día 5 as 11:30 (espero non confundirme como con programación). ETC 1. Tremenme as cachas so de pensar no examen, pero mais aínda pola enchenta do escelso Jack Daniel’s que me vou a meter ese fin de semana. Como diría o señor Lozano; “beber ata pasalo mal”.

Chuchos, beibis.