Porto 2007

Feb 02
2008

Porto 2007Hoxe deume por recordar un dos viaxes que fixen coa miña moza. Non foron moitos, de feito, só fumos (reseñablemente claro) a Madrid e a facer un mini-tour a Portugal.

O de Madrid foi a nosa primeira viaxe xuntos e compartímola cos meus compañeiros de piso Nuria e David (Loki). Pasámolo moi ben, e o mais importante foi, sen dúbida algunha, a primeira viaxe en avión; impresionante.

O mini-tour a Portugal foi a finais do ano pasado e fumos a Aveiro e a Porto básicamente. Esta foto sacámola á carón da catedral (ou eso creo que era) de Porto.

Ó que iba, que espero que se me estas lendo Natalia, ou o lees algún día dende esas terras lonxanas, que propoñas outra viaxe (obviamente a maiores da que xa temos planeada a Valencia) para perdernos un pouco de tanto mundo.

Mil bicos vida.