Seguimos de novedades.

Abr 25
2008

Boas noites, pois como vos comentaba onte, sigo un pouco coas novas que prometía. A mais importante é que agora son backup de escalacións técnicas no meu curro.

E vos preguntaredes, que é eso?; pois non o sei moi ben, pero é algo así como que defendo ós meus frente o resto de departamentos e viceversa. Ben resumido, quere decir que vou comer hostias de todos os lados, e se digo a verdade mola, mola moito, porque iso quere decir que eu tamen as poido dar, jajajajaja.

Outra das novas que teño é que parece, que se todo segue ben, a mediados de maio andarei por London city, weeeeeeeeeeeeeeee!. A ver se é verdade e non se trunca nada e poido disfrutar duns dias de relax coa moza, que algo de falta fan. :D

Un chucho pa vos, werisnais.

Sona: The Black Crowes.

Cu inquieto

Abr 24
2008

Boas noites darlings, escribo dente a tranquilidade que me otorga unha boa canción e un pouco de adobo nun cigarro mentres estou arrolado na cama; escasamente mellorable.

Pois poñome coas mans no teclado entre outras cousas para probar a actualización do blog dado que hoxe instalei a nova versión de Wordpress, a 2.5, que levaba dende a 2.3 sen actualizar. Supoño que melloraría bastante en canto a seguridade ainda que coa versión que tiña antes non tiven moito problema tampouco. O mais reseñable é a interface de edición, que ainda que sorprende un pouco é moito mais amigable e faise moi comoda para escribir. Felicidades Wordpress.

Por outra banda e para seguir de estreno, acabo de instalar Hardy Heron no portatil, e decir que de momento moi contento, vai rapidísimo e o único erro que me deu é en canto a actualización de synaptic dado que os repositorios están bloqueados por culpa de que os servidores están un pouco saturados. Polo resto, outro Felicidades Ubuntu. Atroz.

Mañá comentarei outras cousiñas mais, que teño algunha que outra nova.

Bicos

Sona: Alguna canción lentorra de “The Wombats

Editado: Por certo, volvo a estar dispoñible en xandasbolas.es. Espero vervos.