Malas novas.

Oct 20
2008

Supoño que toda a xente que me lee xa se daría conta das malas novas deste fin de semana.

Resulta que a filla de puta impresentable da conveciña do 4ºC no piso común que temos en Viveiro puxo a toda a comunidade dacordo en mandarnos á merda alegando festas continuas non deixando descansar ós residentes dese edificio. En consecuencia, temos unha preciosa denuncia que nos obriga a deixar o tan querido e socorrido piso; denuncia ante a cal, por outra parte, non pensamos responder dado que no piso estamos sen contrato ningún e polo que terá que responder a filla de puta da vella do piso.

Son malos tempos meus. Un bico

Everybody’s Gotta Learn Sometimes.

Oct 06
2008

Gustaríame ser capaz de coller un partido de bombardeo de imaxes, xuntalos coa mellor banda sonora e almacenalos nunha bocanada de esperanza para que descubras que Everybody’s Gotta Learn Sometimes.

Bicandote nos peliños do pescozo coa boca entreaberta; respirando na tua orella.

Continuidade.

Oct 06
2008

E preguntome eu, ¿conseguirei algún dia facer algún post diario?. Espero que si, e creo que así será polo menos durante uns dias dado que teño unhas cuantas anécdotas no tinteiro.

Creo que hoxe mismo, pola tarde, despois de facer algúns recados empezarei co primeiro post. Prometoo.

Biquiños.