Tarde de rafting no Ulla
Abr 25
2009
2009
Xenial tarde de natureza e deporte que nos metimos no corpo hoxe. Resulta que no curro organizamos una escapada ó aire libre e co “bo” tempo que temos fúmonos a facer un descenso-rafting do rio Ulla.
O percorido foi bastante tranquilo e non tivemos moitos sobresaltos. Só tivemos 7 rápidos, pero para a primeira toma de contacto non estivo nada mal.

Nesta foto pódese observar como Julio “Sosio” e mais eu encabezábamos durante uns intres o ritmo do descenso. Vaia duas tolas.
Para rematar o descenso decidimos un “de perdidos ó rio” e tirámonos dunha ponte enbaixo (literalmente).

En resumo; moi boa tarde nunha paraxe moi bonita cunha compaña de primeira calidade.












Comment