Non podes comigo

May 13
2009

Son as 2:00 da madrugada, acabo de chegar á casa e doeme o peito. Xa non se parece a cando me sangraba, que era como de agotamento. Agora o que noto é como pinchazos en todo o lado esquerdo e bastante dolorosos por certo.

A xente dime que me cuide, que empece a relaxarme,… e eu de feito, agradezoo moitísimo por vir de quen ven, pero non creo que seña boa solución. Un dos principais motivos polos que me meto estas palizas, é pra poder durmir. Se simplemente vou ó choio e despois para a casa, non son capaz de durmir mais aló de 3 ou como moito 4 horas. Pola contra, se me vou a pintar, a mover muebles, de festa,… son capaz de durmir todo o que preciso.

Estou escribindo e vendo as mans, case non as recoñezo; non son as da miña idade. Acabo de subir no ascensor e ó único que me recordou a miña cara, as miñas cuncas dos ollos todas ennegrecidas, foi á peli “el maquinista”. Sintome cansado todo o dia salvo cando debo sentirme así.

Simplemente me queda decir duas cousas. A primeira é pedir perdón a todas aquelas persoas as que non lles presto toda a atención que debería, xente que coñezo dende fai tempo e non chamo, e xente que non fai nin unha semana que coñezo e non me dignei nin a chamar para quedar; e o mais jodido, xente que deixa caer pequenos oasis de auga salgada no hombro da miña camiseta. Sintoo.

A segunda é que pese a toda esta raiada, non hai mal que poida comigo e non me vai a levar o demo. Os que me coñecedes sabedes que dalgunha maneira ou outra, ou con mais tempo ou menos (e teño moita paciencia), son capaz de conseguir absolutamente todo o que me propoño (non é prepotencia, é motivación). Asi que, polo de agora e dado que teño 3 metas en mente, e unha de elas algo realmente grande,… dama de vestido negro e güadaña, NON PODES COMIGO, volve dentro duns anos que ainda non quero morrer. :)

Bicos para todos.

P.D.- Moitísimas gracias pola pequena dose de mimos de hoxe.

Como cada mes, monstruación.

May 12
2009

Estaba eu traballando a iso das 11:00 da mañá aproximadamente cando empecei a notar unha leve sensación de agobio. Pareceme raro dado que levaba unha temporadiña na que estaba bastante feliz e non me daba por estas amarguras.

Fai tempo, uns tres anos aproximadamente, empecei a definir esta sensación como menstruación; dado ó enorme parecido das miñas actitudes coas das mulleres que me rodeaban (Santa nai, irmanciña, ex-moxa,…) coa ventaxa que non me doían os ovarios (creo que non teño) nin causaba marea vermella (sería moi jodido sangrar con tropezós polo pilón).

Solución, pois supoño que a mesmiña que para todas a mulleres, moitos mimos, chocolate e algunha masaxe no vientre. O único factible creo que sería o do chocolate dado que non recibo moitos mimos ultimamente e o das masaxes, pídenmas a min pero de darmas, nanai.

Acepto como mimos algún comentario.

Bicos para tod@s.

Grande Lichis, inmenso Ismael.

May 12
2009

Encantame o ritmo alegre desta canción pese ó tono melancólico que ten. Boísimo o son percutivo da voz de Lichis (La Cabra Mecánica)

Na procura dunha ponte baixo a cal durmir.

May 11
2009

Volveu a virme a dúbida de que facer o ano que ven coa residencia. Parecía que tiña claro o de irme a vivir só ainda que con dificultades económicas, pero non era así. Volvín a batallar que pode que unha das mellores opcións seña compartilo con grandes colegas (Mon, Simón,…). Sería unha moi grata experiencia. The XBOX 360 experience. xD

Mon, temos que decidir pronto pra empezar a facer planes de festa. :)

Escoitando: (no curro) –> Pequeño rock and roll – Quique Gonzalez.