Delirios bélicos.

Jul 15
2010

Particularmente, cando vin este video pareceume un bon exemplo dos delirios bélicos das potenzas militares.

¿Qué vos parece?

Tarde de rafting no Ulla

Abr 25
2009

Xenial tarde de natureza e deporte que nos metimos no corpo hoxe. Resulta que no curro organizamos una escapada ó aire libre e co “bo” tempo que temos fúmonos a facer un descenso-rafting do rio Ulla.

O percorido foi bastante tranquilo e non tivemos moitos sobresaltos. Só tivemos 7 rápidos, pero para a primeira toma de contacto non estivo nada mal.

Rafting Ulla

Nesta foto pódese observar como Julio “Sosio” e mais eu encabezábamos durante uns intres o ritmo do descenso. Vaia duas tolas. :)

Para rematar o descenso decidimos un “de perdidos ó rio” e tirámonos dunha ponte enbaixo (literalmente).

alovai

En resumo; moi boa tarde nunha paraxe moi bonita cunha compaña de primeira calidade.

Cámara fotográfica.

Abr 06
2009

Boas tardes,

Como moitos de vos saberedes, roubaronme a cámara de fotos una Nikon D60 cando tiña menos dun mes con ela. Teño mono.

O tema é que me gustaría mercar unha, e esa estaba bastante ben pero pode que, agora que teño algo de cartos, seña mellor mercar unha un pouco mais potentilla. O mais seguro é que siga con Nikon xa que me parece moi cómoda e estou acostumado a ela pero podería incluso a tocar unha Olympus.

¿Qué opinades? Druidacelta, ¿ti seguirías con Nikon verdade?

Saudos.

Porto 2007

Feb 02
2008

Porto 2007Hoxe deume por recordar un dos viaxes que fixen coa miña moza. Non foron moitos, de feito, só fumos (reseñablemente claro) a Madrid e a facer un mini-tour a Portugal.

O de Madrid foi a nosa primeira viaxe xuntos e compartímola cos meus compañeiros de piso Nuria e David (Loki). Pasámolo moi ben, e o mais importante foi, sen dúbida algunha, a primeira viaxe en avión; impresionante.

O mini-tour a Portugal foi a finais do ano pasado e fumos a Aveiro e a Porto básicamente. Esta foto sacámola á carón da catedral (ou eso creo que era) de Porto.

Ó que iba, que espero que se me estas lendo Natalia, ou o lees algún día dende esas terras lonxanas, que propoñas outra viaxe (obviamente a maiores da que xa temos planeada a Valencia) para perdernos un pouco de tanto mundo.

Mil bicos vida.