Como no xogo da Oca…

Jul 27
2009

De festa en festa e tirome ó chan cunha “moca”. xDD

Bueno familia desta tocoulle á festa da Fraga. Fun polos meus fueros nativos a encherme cuns colegas do curro. O venres agarreime tal tremenda papa que acabei cos tenis postos pero sen pantalóns e sen camiseta; so deus sabe onde os deixei; e todo feito merda, cortado, arañado e cunha pseudoluxación de tobillo. Consecuencia de beber JB a morro despois dunha papa a gintonics. Morrín.

Non contento con eso erguinme o sábado as 11:30 e despois de descubrir que o teni que me faltaba o tiña posto no pé, mandeime 4 gintonics para o corpo a modo de desaiuno e arranquei cos litros de motxo feitos para a sesión vermout. Enchinme de barro, tireime a el, vina en persoa e foime mal, e acabei no rio limpando toda a merdiña. Volvín a morrer. Agora quédame recuperarme para a seguinte.

Se a recuperación é boa engancho este finde en Cambados na festa do Albariño; senon, agardo para o dia 8 de Agosto na Maruxaina. :)

Ferro a fondo, fé en Dios.

Abatido

Jul 13
2009

Non poido co corpo. Decidín pasar este finde polo Mundo Celta e morrín. Coas coñas debín beberme eu soiño un litro de Beefeater e aguantei en pé; bueno, ata que decidín que era bon saltar e aterrizar cos mocos. Bonita cor ten o meu nariz agora. Break.

Seguinte parada, Baiona, este finde. Fotos, bici, sol, féminas, amigos, perreo… :)

Grande Lichis, inmenso Ismael.

May 12
2009

Encantame o ritmo alegre desta canción pese ó tono melancólico que ten. Boísimo o son percutivo da voz de Lichis (La Cabra Mecánica)

Recomendacións musicais Vol.0.

Ago 07
2008

Ocorreuseme facer un post semanal, orientado principalmente a tódolos venres poñer unha canción que me pareza interesante no momento ou que leve unha tempada escoitando para compartila con todos vos (e obviamente para acceder rapidamente a elas dende calquer sitio).

A canción de hoxe escoiteina nun video de youtube sobre deportes extremos e pareceume moi interesante. O grupo chámase Seether e son de Arabia Saudí.

Fuller Stratocaster

Mar 26
2008

Wei, wei, wei. Como observades, deixo un pouco as estética “gayer” que tiña o blog por unha estética máis “blacker”. XDDD

O motivo é que me raiaba xa un pouco o skin que tiña antes, e ainda que este seña mais simplón e común, convenceme mais e ten pinta de menos serio. Tiña pensado facer algo mais decorado en función da estética da guitarra que estou “amañando” co curso intensivo de Luthier do Blanqui cativo, pero ó final quedouse nun macarra e estiloso estilo blacker.

Pois sobre o da guitarra, inicialmente foi una Squier Stratocaster destas de contrachapado do bon :) e da que descoñezo o color inicial. Despois tivoa unha persoa que a pintou de verde purpurina con brillos e todo e fixolle un estrago moi gordo na electrónica, sustituindo o selector de palanca típico das stratocaster por un conxunto de tres conmutadores que seleccionaban unha ou outra pastillas cos potenciómetros de tono e volumen funcionando todos como volumen de cada unha das pastillas.

Despois de todas esas desfeitas, chegou ás miñas mans e coa axuda de meu pai, endreitamos o mastil e recuperamos a posición da alma, que estaban feitas merda ata conseguir que quedase case como novo. Co corpo, botamos moito mais tempo dado que primeiro tivemos que decapar toda a pintura co que pillamos un colocón de carallo.

Unha vez limpa a madeira, tivemos o dilema de se barnizala ou pintala dalgún color. Dinlle a idea a meu pai dun color nacar, e moi gratamente, sorprendeume. Conseguiu o color exacto e co barniz parece o color exacto dunha perla. Hoxe por hoxe, estou enfrascado no proxecto de repararlle a electrónica, dado que tiña duas pastillas queimadas.

Poñerei fotos pronto ainda que agora está sen electrónica e sen apantallar. :)