Caixa de vida.
2009
Bos dias, escibo no choio e dende a incertidume que me causa a situación pola que pasa a miña vida nos últimos dias.
Como todos saberedes, estiven polas terras catalanas a principio de ano por un cambio de proxecto no meu curro. Durante esta etapa ocorreron bastantes cousas. A primeira e mais importante e que se acabou a miña relación coa rapaza coa que estaba. A primeiras de cambio resulta unha liberdade un pouco dificil de sopesar pero superouse e só teño que decir que puido ser a mellor decisión que tomamos na relación. Gracias Natalia.
O peor que me pasou nesa época foi que nos entraron no piso e deixáronnolo un pouco desmantelado: portatiles, cámara de fotos,… todo noviño do trinque, pero que se lle vai a facer. Cousas da vida.
Hoxe por hoxe ando coa incertidume de se chegou o momento de volver a partir e cambiar de residencia. No curro case forzan por iso dado que o proxecto finalmente foise ó tacho e pode ser hora de volver a buscarse as castañas noutro sitio.
Ireivos contando as novidades.
Apertas.












Comment