Grande Lichis, inmenso Ismael.
2009
Encantame o ritmo alegre desta canción pese ó tono melancólico que ten. Boísimo o son percutivo da voz de Lichis (La Cabra Mecánica)
Encantame o ritmo alegre desta canción pese ó tono melancólico que ten. Boísimo o son percutivo da voz de Lichis (La Cabra Mecánica)
Volveu a virme a dúbida de que facer o ano que ven coa residencia. Parecía que tiña claro o de irme a vivir só ainda que con dificultades económicas, pero non era así. Volvín a batallar que pode que unha das mellores opcións seña compartilo con grandes colegas (Mon, Simón,…). Sería unha moi grata experiencia. The XBOX 360 experience. xD
Mon, temos que decidir pronto pra empezar a facer planes de festa.
Escoitando: (no curro) –> Pequeño rock and roll – Quique Gonzalez.
Para seguir coa tónica do refrán, e dado que onte nos pasamos por auga no rio, hoxe tocou unha sorpresiña para erguerme con un humor total.
Resulta que estaba plácidamente durmindo a iso das 10:30 da mañá como se debe facer nun bó domingo, erguinme ó baño a facer un pis e lavar as mans e volvinme a meter no camastro. Sorpresa miña que pasados uns minutos sona o timbre. Vou mirar a ver que é o que osa joderme a mañá e resulta que é unha conveciña do 5º que tiñamos unha tubería que estaba vertendo auga. Horror, outra vez, xa nin tivo que decir cal era, 3ª vez en pouco mais dun ano que se vai ó tacho e anaga o “hall” da nosa planta.
Desta vez parece que non foi moi grave dado que non se safou o racord que une as tuberías, senon que inexplicablemente, estaba queimada e cun furado e polo tanto solo pingaba (de maneira bestia, pero pingaba). Odisea de chamar o seguro, que enviasen un fontaneiro para que o amañase. Desta enviaron un rapaz moi atento e amañouno moi rápido; gañou unha propina.
Agora só queda ver se serei capaz algún dia destos de poñer a lavadora para lavar a roupa da semana porque parece que as costumes de empregar a lavadora como se fose unha pía estan empezando a ser mais cotidias e iso queirades que non empézama a inflamar un pouco os collóns.
A mellor solución, buscar piso e marxinarme dunha vez. ¿Quen se apunta á experiencia de compartir a sua vivenda cun tolo?
Apertas e bicos para todos.
Xenial tarde de natureza e deporte que nos metimos no corpo hoxe. Resulta que no curro organizamos una escapada ó aire libre e co “bo” tempo que temos fúmonos a facer un descenso-rafting do rio Ulla.
O percorido foi bastante tranquilo e non tivemos moitos sobresaltos. Só tivemos 7 rápidos, pero para a primeira toma de contacto non estivo nada mal.

Nesta foto pódese observar como Julio “Sosio” e mais eu encabezábamos durante uns intres o ritmo do descenso. Vaia duas tolas.
Para rematar o descenso decidimos un “de perdidos ó rio” e tirámonos dunha ponte enbaixo (literalmente).

En resumo; moi boa tarde nunha paraxe moi bonita cunha compaña de primeira calidade.
Boas tardes,
Como moitos de vos saberedes, roubaronme a cámara de fotos una Nikon D60 cando tiña menos dun mes con ela. Teño mono.
O tema é que me gustaría mercar unha, e esa estaba bastante ben pero pode que, agora que teño algo de cartos, seña mellor mercar unha un pouco mais potentilla. O mais seguro é que siga con Nikon xa que me parece moi cómoda e estou acostumado a ela pero podería incluso a tocar unha Olympus.
¿Qué opinades? Druidacelta, ¿ti seguirías con Nikon verdade?
Saudos.
Comments